The Pretty Things | |
---|---|
Pretty Things en 1965 | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1963 - 1976 1978 - 2018 2020 |
Xénero(s) | rock, R&B, blues, psicodelia |
Selo(s) discográfico(s) | Fontana, Columbia, Rare Earth, Harvest, Warner Bros., Swan Song, Laurie, Snapper, Cote Basque, Repertoire, Zoho Roots, Fruits de Mer |
Na rede | |
theprettythings.com | |
The Pretty Things foi unha banda de rock inglesa formada en setembro de 1963 en Sidcup, Kent. Colleron o seu nome da canción de Willie Dixon de 1955 "Pretty Thing", interpretada por Bo Diddley.[1] Nos seus primeiros anos foi unha banda pura de rhythm and blues, con varios sinxelos entrando nas listas británicas, e posteriormente abrazou outros xéneros como o rock psicodélico a finais dos 60 (sendo o seu álbum de 1968 S.F. Sorrow unha das primeiras óperas rock), o hard rock a principios dos 70 e o new wave a principios dos 80.[1] A pesar disto, a banda non foi capaz de conseguir o mesmo nivel de éxito que cos seus primeiros lanzamentos.