The Times of India | |
---|---|
Cartel publicitario nunha rúa de Mandawa | |
Formato de páxina | Gran formato |
Fundación | 3 de novembro de 1838 |
Propietario | The Times Group |
Lingua | Inglés |
Periodicidade | diaria |
ISSN | 0971-8257 |
Número OCLC | 23379369 |
Na rede | |
http://www.timesofindia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña).[1][2] É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
En 2008, o xornal indicou que cunha circulación de máis de 3,14 millóns de exemplares estaba certificado pola Audit Bureau of Circulations como o diario máis vendido en inglés a nivel mundial, co cal se situaba no posto 8° como o periódico máis vendido no mundo en calquera idioma.[3] Segundo unha enquisa realizada na India en 2008, The Times of India era o xornal en inglés máis lido nese país, con 13,3 millóns de lectores.[4] Segundo ComScore, a versión en liña de TOI era a páxina web máis visitada dun xornal con 159 millóns de visitas en maio de 2009, superando as páxinas web de The New York Times, The Sun, The Washington Post, Daily Mail e USA Today.