Top Gun: Maverick | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Top Gun: Maverick |
Director | Joseph Kosinski |
Produtor |
|
Guión | |
Baseado en | Personaxes de Jim Cash e Jack Epps Jr. |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Claudio Miranda |
Montaxe | Eddie Hamilton |
Estudio | |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | CinemaCon: 28 de abril de 2022![]() |
Duración | 130 minutos[2] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | 170–177 millóns de dólares[3][1] |
Recadación | 1.496 millóns de dólares |
Filme anterior | Top Gun |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Top Gun: Maverick é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Joseph Kosinski e escrito por Ehren Kruger, Eric Warren Singer e Christopher McQuarrie a partir dunha historia de Peter Craig e Justin Marks. É a secuela do filme de 1986 Top Gun. Tom Cruise retoma o seu papel como o piloto Pete "Maverick" Mitchell. Baséase nos personaxes orixinais creados por Jim Cash e Jack Epps Jr. Está protagonizado por Miles Teller, Jennifer Connelly, Jon Hamm, Glen Powell, Monica Barbaro, Lewis Pullman, Ed Harris e Val Kilmer, quen tamén retoma o seu papel como Iceman. Conta a historia de Maverick confrontando o seu pasado mentres adestra a un grupo de graduados máis novos do Top Gun, incluído o fillo do seu mellor amigo falecido, para unha perigosa misión.