Top Gun | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Top Gun |
Director | Tony Scott |
Produtor | |
Guión | |
Baseado en | "Top Guns" de Ehud Yonay |
Intérpretes | |
Música | Harold Faltermeyer |
Fotografía | Jeffrey L. Kimball |
Montaxe | |
Estudio | Don Simpson/Jerry Bruckheimer Films |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | Nova York: 12 de maio de 1986 16 de maio de 1986 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción e drama |
Orzamento | 15 millóns de dólares |
Recadación | 357,1 millóns de dólares |
Filme seguinte | Top Gun: Maverick |
Na rede | |
Top Gun é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Tony Scott e producido por Don Simpson e Jerry Bruckheimer, en asociación con Paramount Pictures. O guión foi escrito por Jim Cash e Jack Epps Jr., e foi inspirado por un artigo titulado "Top Guns", publicado na revista California tres anos antes. Está protagonizado por Tom Cruise, Kelly McGillis, Val Kilmer, Anthony Edwards e Tom Skerritt.
En 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos escolleuno para a súa preservación no National Film Registry por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[1] Unha secuela, titulada Top Gun: Maverick estaba prevista para a súa estrea o 26 de xuño de 2020, mais foi posposto para o 23 de decembro de 2020,[2] e despois ao 19 de novembro de 2021 por mor da pandemia de COVID-19.[3]