Trigo mouro

Trigo mouro

Trigo mouro (Fagopyrum esculentum) en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Polygonaceae
Subfamilia: Polygonoideae
Tribo: Persicarieae
Xénero: Fagopyrum
Especie: Fagopyrum esculentum
Distribución natural
Distribución natural

Distribución natural

O trigo mouro[1] ou trigo negro[2] (Fagopyrum esculentum) é unha planta anual herbácea da familia das Polygonaceas cultivada polos seus grans para o consumo humano e animal. Considérase popularmente un cereal, aínda que realmente non o sexa; xa que, malia posuír características semellantes, non pertence á familia das gramíneas senón ás poligonáceas. É orixinario da Asia Central. Aínda que se cultivou tamén tradicionalmente en moitos países, hoxe en día os principais países produtores son tamén os maiores consumidores. China produce o 55% do total mundial, seguido por Rusia (20%), Ucraína (15%) e Polonia (3%).

Inflorescencias, detalle.
Leira de trigo negro en Corea.
Ilustración
Detalle da flor
  1. Nome vulgar preferido en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. Nome vulgar en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991

Trigo mouro

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne