O Trinity College é un dos colleges que constitúen a Universidade de Cambridge en Cambridge, Inglaterra. O Trinity College ten máis membros ca ningún outro college en Cambridge ou Oxford, cuns 660 estudantes, 430 estudantes de posgrao e máis de 160 profesores e membros do college[1]. É tamén o máis rico dos college de Oxbridge[2], cun un orzamento de aproximadamente 700 millóns de libras (en 2005[3]), ademais dos seus terreos, que están asegurados en, aproximadamente, 266,5 millóns de libras (isto non inclúe todos os activos fixos[4]). O Trinity considérase a si mesmo como "un líder mundial como institución académica cun destacado historial en educación, aprendizaxe e investigación[5] e é unha das institucións académicas mellor dotadas economicamente do mundo por estudante, cun orzamento aproximado de 60.000 libras por cada un en 2005, máis de dez veces a media (63.000 libras)[6] do resto de colleges da Universidade.
Como o seu college irmán, o Christ Church, Oxford, foi tradicionalmente considerado como o máis aristocrático dos colleges de Cambridge - e xeralmente foi escollido como institución académica para a Familia real británica (O rei Eduardo VII, o rei Xurxo VI, o príncipe Henrique de Gloucester, o príncipe Guillerme de Gloucester e Edimburgo e o Príncipe Carlos, foron todos estudantes). A Push Guide to Which University (2005) denominou ó Trinity como "posiblemente o college máis importante de Cambridge" e foi denominada como "a máis fermosa institución educativa de Inglaterra".[7] Porén, a proporción de estudantes que veñen da escola pública e a privada igualouse, seguindo a liña doutros colleges de Cambridge. Aínda así, en 2005 tiña o dato máis baixo de alumnos provenientes da escola pública (42%) de entre os colleges, aínda que este dato varía de ano en ano[8]. A primeira vez que admitiu mulleres estudantes de licenciatura foi en 1978; e desde 1976 admítense mulleres estudantes de posgrao, e ademais o college contratou a súa primeira profesora en 1977.[9]
O college é un grande propietario de terreos, incluíndo propiedades no Porto de Felixstowe, e o Parque da ciencia de Cambridge. O Trinity ten unha grande tradición académica, tendo membros que gañaron 31 Premios Nobel (máis que moitos países, exceptuando ós Estados Unidos, Alemaña e Francia, e sen contar ó Reino Unido), cinco Medallas Fields (de matemáticas), un Premio Abel (matemáticas) e dous Premios Templeton (relixión). O Trinity ten moitos alumnos distinguidos - o máis importante deles Sir Isaac Newton. Tamén se educaron nel, seis Primeiros Ministros, máis que en ningún outro college de Cambridge.
O Trinity ten moitas sociedades, e o seu club de remo é o Primeiro e Terceiro Club náutico de Cambridge. O Baile de fin de curso do Trinity, chamado así polo Club náutico, é o máis grande de tradicional dos Bailes de final de curso que se celebran en Cambridge.
A primeira versión formal das regras do fútbol, coñecidas como as Regras de Cambridge, foron feitas polos estudantes de Cambridge, representantes das escolas privadas líderes, no Trinity College no ano 1848.[10]