Tristan und Isolde

Tristan und Isolde
Tristán e Iseu
Tristán e Iseu por Herbert Draper.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Wagner
Fontes literariasGottfried von Strassburg: Tristán (pp. S. XIII)
Estrea10 de xuño de 1865
Teatro da estreaKönigliches Hof-und Nationaltheater
Lugar da estreaMünchen
Duración4 horas 30 minutos
Música
CompositorRichard Wagner
Personaxes

Tristán (tenor)
Iseu (soprano)
Brangäne (soprano)
Kurwenal (barítono)
Marke (baixo)
Melot (tenor)
Un pastor (tenor)
Un piloto (barítono)
Un xove mariñeiro (tenor)

Tristan und Isolde (en galego, Tristán e Iseu)[1] é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseado en boa parte no romance de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 e estreada en München o 10 de xuño de 1865 baixo a batuta de Hans von Bülow. Wagner non a chamaba ópera senón Eine Handlung (drama musical). Forma parte do Canon de Bayreuth.[2][3]

A composición de Wagner de Tristan und Isolde foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer.[4] Recoñecida amplamente como un dos cumios do seu repertorio operístico, Tristan und Isolde destaca polo uso avanzado que fai Wagner do cromatismo, a tonalidade, a cor orquestral e a suspensión harmónica.[5] O primeiro acorde da ópera, chamado o «acorde de Tristán», considérase de grande importancia no desenvolvemento da harmonía tonal tradicional.[6]

A ópera foi moi influente entre os compositores occidentais e serviu de inspiración a compositores como Gustav Mahler, Richard Strauss, Karol Szymanowski, Alban Berg ou Arnold Schoenberg.[7][8] Moitos ven Tristan und Isolde como o comezo da fin da harmonía convencional e a tonalidade, e consideran que establece a base do movemento atonal característico do século XX.[9]

  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Best, Wallace Denino (2005) Passionately Human, No Less Divine:Religion and Culture in Black Chicago 1915–1952, Princeton NJ, Princeton University Press, ISBN 0-691-11578-8.
  3. Carnegy, Patrick (2006) Wagner and the Art of the Theatre, New Haven, Yale University Press, ISBN 0-300-10695-5.
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Magee128
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Magee356
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Rose15
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome GroutPaliscca943
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Trias602
  9. Millington 1992, p. 301.

Tristan und Isolde

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne