Troilo

Modelo:BiografíaTroilo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisPríamo
Apolo Editar o valor en Wikidata  e Hécuba Editar o valor en Wikidata
IrmánsMopso Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Troilo (en grego antigo Τρωίλος Tróilos, en latín Troilus) é un personaxe lendario que aparece nos relatos da Guerra de Troia polo menos desde a época homérica.

Na mitoloxía clásica é un mozo príncipe troiano, fillo de Príamo (ou nalgunhas fontes de Apolo) e Hécuba. O seu destino foi ligado por unha profecía ao da cidade, polo que Aquiles lle tendeu unha emboscada e matouno.

Aquiles agarda emboscado a Troilo. Detalle dunha copa laconia de figuras negras. Ca. 550 – 540 a. C., Museo do Louvre).

Nas versións medievais e renacentistas da lenda, Troilo é o menor dos cinco fillos lexítimos de Príamo con Hécuba, o suficientemente maior como para ser un dos principais xefes dos troianos na batalla. Nun engadido popular á súa historia orixinario do século XII, Troilo namorábase de Crésida, cuxo pai desertara do bando grego. Crésida prometíalle o seu amor, pero cando é enviada polo seu pai a un intercambio de reféns, os seus sentimentos cambian pronto cara ao heroe grego Diomedes. Tanto Chaucer como Shakespeare atópanse entre os autores que escribiron obras sobre este tema.

Tras o século XVII, Troilo perdeu importancia como personaxe literario. Con todo, reapareceu en versións da Guerra de Troia escritas nos séculos XX e XXI.

Troilo e Crésida nos xardíns de Pándaro, por Valentine Walter Bromley.

Troilo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne