A trombina ou factor IIa de coagulación (Número EC: 3.4.21.5), é un encima do tipo das serina proteases que nos humanos está codificado no xeneF2 do cromosoma 11[2], que intervén na coagulación do sangue. Tamén se lle ten chamado entre outros cos seguintes nomes: fibrinoxenase, trombase, trombina-C, tropostasina, factor II de coagulación sanguínea activado, factor IIA de coagulación sanguínea, factor IIa, trombina E, beta-trombina, gamma-trombina.[3][4] O precursor inmediato da trombina é a protrombina. A protrombina (ou factor II de coagulación) sofre unha clivaxe ou corte proteolítico orixinando a trombina na ferbenza da coagulación sangúinea, a cal finalmente detén ou reduce a perda de sangue nas hemorraxias. A trombina á súa vez actúa como unha serina protease que converte o fibrinóxeno soluble en fibras insolubles de fibrina, e cataliza moitas outras reaccións relacionadas coa coagulación.
↑PDB 2C93 Howard N, Abell C, Blakemore W, Chessari G, Congreve M, Howard S, Jhoti H, Murray CW, Seavers LC, van Montfort RL (February 2006). "Application of fragment screening and fragment linking to the discovery of novel thrombin inhibitors". J. Med. Chem. 49 (4): 1346–55. doi:10.1021/jm050850v. PMID 16480269.
↑Degen SJ, Davie EW (1987). "Nucleotide sequence of the gene for human prothrombin". Biochemistry26 (19): 6165–77. PMID2825773. doi:10.1021/bi00393a033.