Tunja

Modelo:Xeografía políticaTunja
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°32′25″N 73°21′41″O / 5.5403, -73.3614
EstadoColombia
DepartamentoBoyacá
ProvinciaProvincia do Centro Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación180.572 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.530,27 hab./km²)
Xeografía
Superficie118 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.782 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorGonzalo Suárez Rendón Editar o valor en Wikidata
Creación6 de agosto de 1539 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal150001–150009 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Juliaca (pt) Traducir
Valledupar
Potenza (2009–)
Pamplona (2012–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webtunja-boyaca.gov.co Editar o valor en Wikidata

Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.

Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959.[1][2] Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.[3][4][5]

Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade.[6] En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.[7]

  1. Congreso de Colombia (ed.). "Ley de defensa y conservación del patrimonio histórico, artístico y monumentos nacionales" (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  2. Moreno, Víctor Hugo (8 de xuño de 2000). El Tiempo, ed. "Tunja, para volver al pasado" (en castelán). Boyacá. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  3. Ocampo López, Javier (5 de maio de 1995). El Tiempo, ed. "Tunja, cidudad universitaria" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  4. Ministerio de Educación de Colombia (ed.). "Tunja, como ciudad universitaria, honra a Colombia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  5. Banco da República de Colombia (ed.). "Tunja, ciudad que emerje" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  6. Centro Internacional para la prevención de la criminalidad (ed.). "Prevención de la criminalidad y seguridad ciudadana" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  7. "ICER Boyacá 2015" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Tunja

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne