Universidade Wesleyana de Connecticut Wesleyan University | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1831 |
Datos actuais | |
Alumnos | 2700 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Wesleyana (Wesleyan University), é unha universidade privada que está localizada en Middletown no estado de Connecticut, Estados Unidos. Foi fundada en 1831 polos metodistas. Comezou con 48 estudantes, o reitor, tres profesores e un titor.
O seu nome homenaxea a John Wesley, fundador do metodismo, aínda que os vínculos con esta corrente relixiosa fóronse diluíndo dende as súas orixes e xa en 1937, a Universidade deixa de ter vinculación algunha con este movemento. A Universidade ten hoxe arredor de 2.700 estudantes en programas de grao e uns 300 profesores. Entre os seus estudantes están o filósofo e escritor xaponés Kohei Saito e o músico e cineasta Lin-Manuel Miranda.[1]
É unha entidade privada e independente con alumnado mixto.