Universidade de Cambridge | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Cambridge é a segunda universidade de fala inglesa máis antiga, despois de Oxford. Segundo a lenda, a Universidade de Cambridge, en Inglaterra, foi fundada en 1209 por académicos que fuxiron de Oxford, tras unha liorta con axentes de dita cidade. O rei Henrique III de Inglaterra concedeulles o monopolio da ensinanza naquel lugar en 1231.
Canda á Universidade de Oxford, a Universidade de Cambridge forma unha gran cantidade dos máis destacados científicos, escritores e políticos da Gran Bretaña. Ambas institucións son coñecidas conxuntamente co nome de Oxbridge e son integrantes do Russell Group.