Unknown Instructors | |
---|---|
Xénero(s) | rock alternativo, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Smog Veil Records, ORG Music |
Membros | Mike Watt George Hurley Joe Baiza Jack Brewer Dan McGuire David Thomas Raymond Pettibon J Mascis |
Artistas relacionados | Minutemen, fIREHOSE, Saccharine Trust, Dinosaur Jr. |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Unknown Instructors é un supergrupo de rock improvisado que conta coa antiga sección rítmica de Minutemen e fIREHOSE, o baixista Mike Watt e o batería George Hurley; con membros de Saccharine Trust, o guitarrista Joe Baiza e o vocalista Jack Brewer; e co vocalista e saxofonista Dan McGuire.[1] A banda foi descrita como "unha reunión de estrelas de alumnos da corte SST doutro tempo"[2] e Henry Rollins chamouna unha formación it a dream lineup.[3]
O seu primeiro álbum, The Way Things Work, foi editado a finais de setembro de 2005 a través do selo Smog Veil Records. En outubro dese ano a banda regresou ao estudio para gravar un segundo álbum, desta vez con David Thomas de Pere Ubu e o artista Raymond Pettibon como novos participantes.[1] O disco, The Master's Voice, foi publicado en marzo de 2007. Un terceiro traballo, Funland, apareceu en 2009.[4] En 2019 Unknown Instructors publicou o seu cuarto álbum, titulado Unwilling to Explain, con J Mascis de Dinosaur Jr. na guitarra.[5][6] Este trátase do primeira disco da banda que non foi improvisado.[7]