VGA son as siglas de Video Graphics Array (matriz de gráficos de vídeo). É un estándar gráfico que permite 256 cores simultáneos a elixir nunha paleta de 262.144 tons e unha resolución gráfica de 720x576.
Este estándar mantén a compatibilidade cos sistemas anteriores coma o MDA, o CGA e o EGA, permitindo empregar programas deseñados para este sistemas en equipos equipados con este tipo de tarxetas.