Vinculina

Ver tamén familia da vinculina.
PDB 1qkr
Vinculina
Identificadores
Símbolo VCL
Símbolos alt. CMD1W; CMH15; HEL114; MV; MVCL
Entrez 7414
OMIM

193065

PDB 1RKE, 1SYQ, 1TR2, 1YDI, 2GWW, 2HSQ, 2IBF, 3H2U, 3H2V, 3MYI, 3RF3, 3S90, 3TJ5, 3TJ6, 3VF0, 4DJ9, 4EHP 1RKC, 1RKE, 1SYQ, 1TR2, 1YDI, 2GWW, 2HSQ, 2IBF, 3H2U, 3H2V, 3MYI, 3RF3, 3S90, 3TJ5, 3TJ6, 3VF0, 4DJ9, 4EHP
RefSeq NP_003364
UniProt P18206
Outros datos
Locus Cr. 10 [1]

A vinculina é unha proteína membrano-citoesquelética das células de mamíferos que se encontra nas placas de adhesión focal que está implicada na unión de moléculas de adhesión de tipo integrina ao citoesqueleto de actina. É unha proteína das varias proteínas citoesquelética asociadas coas unións célula-célula e célula-matriz extracelular que están implicadas na ancoraxe da actina F á membrana. Descubrírona independentemente Benny Geiger[1] e Keith Burridge.[2] A súa secuencia é un 20%-30% similar á da α-catenina, que tamén realiza unha función parecdia.

Ao unirse alternativamente á talina ou á α-actinina, a forma da vinculina cambia e, en consecuencia, as súas propiedades de unión tamén cambian. O xene da vinculina ten unha soa copia e parece non ter ningún xene moi emparentado no xenoma. Atopáronse moitos transcritos de splicing alternativo para este xene, pero a validez biolóxica dalgunhas variantes non foi determinada. A súa variante de empalme, a metavinculina (véxase máis abaixo) tamén necesita a presenza de vinculina para heterodimerizarse e funcionar de modo independente.

  1. Geiger,B. 130K Protein from Chicken Gizzard - Its Localization at the Termini of Microfilament Bundles in Cultured Chicken-Cells. Cell 18, 193-205 (1979).
  2. Burridge,K. & Feramisco,J.R. Microinjection and localization of a 130K protein in living fibroblasts: a relationship to actin and fibronectin. Cell 19, 587-595 (1980).

Vinculina

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne