O violeta é a cor que se percibe ante a fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 380 e 420 nm. Atópase entre o azul e o púrpura, polo que tamén pode denominarse azul púrpura. A referencia orixinaria da cor violeta son os pétalos das plantas homónimas do xénero Viola, como por exemplo a violeta común (Viola odorata) ou a violeta brava (Viola riviniana).
Atópase estandarizado en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo este violeta «estándar» coma modelo e referente para a cor violeta. O violeta estándar pode verse na imaxe da dereita, os valores que se dan debaixo corresponden ao mesmo. A denominación de cor «violeta» abrangue un conxunto de coloracións semellantes á cor estándar, violáceas. O lila e o malva son variantes desta cor[1].
púrpura |
violeta[2] |
azul |