Vombatiformes Rango fósil: oligoceno tardío - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Phascolarctos cinereus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos vombatiformes (Vombatiformes) é unha suborde de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes.[1] Esta suborde comprende tan só dúas familias con especies viventes, a dos fascolárctidos, que inclúe tan só o coala,[2] e a dos vombátidos, que comprende dous xéneros, Lasiorhinus, con dúas especies, e Vombatus, cunha única especie viva, o uombat.[3]
Entre as familias extintas destaca a dos diprotodóntidos, que inclúe a Diprotodon optatum, o marsupial máis grande que xamais existiu, e que moitos cren que foi a inspiración do bunyip, monstro mariño da mitoloxía dos aborixes australianos.
A suborde dos vombatiformes, cos seus membros estreitamente relacionados e a súa forma corporal compacta, contrasta coas outras dúas subordes dos diprotodontes, a dos macropodiformes, que inclúe, entre outros, aos canguros), e a dos falanxeriformes, que abarca as sarigüeias, os falanxeros e os petauros.
Moitos biólogos cren que o coala e o uombat comparten un antepasado común, do que diverxeron moi recentemente, no cenozoico.