![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Wallace Michael Shawn ![]() 12 de novembro de 1943 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Residencia | Manhattan ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Universidade Harvard Collegiate School (en) ![]() The Putney School Harvard College Magdalen College HB Studio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de xénero, guionista, actor de cinema, dramaturgo, escritor, actor de dobraxe, actor de televisión ![]() |
Período de actividade | 1967 ![]() |
Empregador | Universidade de Oxford ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Deborah Eisenberg ![]() |
Pai | William Shawn ![]() |
Irmáns | Allen Shawn ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Wallace Michael Shawn, nado o 12 de novembro de 1943 en Nova York, é un actor, actor de voz, cómico e escritor estadounidense. Entre as súas interpretacións máis recoñecidas salientan o seu papel como Wally Shawn (un versión ficticia de si mesmo) na comedia My Dinner with Andre (1981), Vizzini no filme A princesa prometida (1987), Mr. James Hall en Clueless (1995) e a voz de Rex na franquía cinematográfica de Toy Story. Tamén interpretou diferentes papeis en seis filmes de Woody Allen. Entre os seus traballos máis destacados en televisión están o seu papel como Grand Nagus Zek en Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999), Cyrus Rose en Gossip Girl (2008–2012) e Dr. John Sturgis en Young Sheldon (2018–).
Entre as súas obras de teatro están Aunt Dan and Lemon (1985), The Designated Mourner (1996) e Grasses of a Thousand Colors (2008). Tamén escribiu o guión de My Dinner with Andre xunto con Andre Gregory, e A Master Builder (2013), unha adaptación cinematográfica da obra de Henrik Ibsen, a cal tamén protagonizou.[1] O seu libro Essays foi publicado no ano 2009 pola editorial Haymarket Books.