Este artigo amosa escritos paxtos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Wazir Akbar Khan (en paxto: وزیر اکبر خان) é un barrio do norte de Cabul, formando parte do distrito 10. Recibe o seu nome do emir afgán do século XIX Wazir Akbar Khan. É unha das zonas máis ricas de Cabul. Moitas das embaixadas estranxeiras atópanse alí, incluíndo as embaixadas dos Estados Unidos e do Canadá.[1] O aeroporto Hamid Karzai atópase preto de Wazir Akbar Khan.
↑Foreign Affairs and International Trade Canada, ed. (22 de agosto de 2006). "The Embassy of Canada to Afghanistan". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de xaneiro de 2008.