Esta páxina é un ensaio, non se trata dunha política ou guía oficial. Contén recomendacións ou opinións dun ou máis usuarios da Wikipedia. Algúns ensaios representan normas e usos amplamente aceptados pola comunidade, mentres que outros só representan puntos de vista minoritarios. Os ensaios teñen unha función orientativa e informativa, mais en ningún caso normativa. |
Seguramente non hai ningunha palabra que non poida usarse nunca en Wikipedia. Aínda así, sempre hai palabras máis apropiadas que outras e, dependendo do artigo, uns termos mal elixidos poden aparellar unha redacción deficiente ou tendenciosa. As devanditas palabras poden promover subrepticiamente un punto de vista, ser despectivas ou faltas de rigor enciclopédico.