Wild Things | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | John McNaughton |
Produtor | Rodney M. Liber Steven A. Jones |
Guión | Stephen Peters |
Intérpretes | Kevin Bacon Matt Dillon Neve Campbell Theresa Russell Denise Richards Daphne Rubin-Vega Robert Wagner Bill Murray |
Música | George S. Clinton |
Fotografía | Jeffrey L. Kimball |
Montaxe | Elena Maganini |
Estudio | Mandalay Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 20 de marzo de 1998 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 20.000.000 $ |
Recadación | 56.000.000 $[1] |
Na rede | |
Wild Things é un filme de suspense erótico estadounidense de 1998 dirixido por John McNaughton, e protagonizado por Matt Dillon, Neve Campbell, Kevin Bacon, Denise Richards e Theresa Russell.
En 2004 editouse en DVD unha versión sen cortes, con sete minutos máis. A sona da película veulle por varias escenas de sexo, mais en particular unha que implica un home e dúas mulleres asemade; esas escenas son máis explícitas do habitual en filmes das grandes producións de Hollywood. Realizáronse tres secuelas que saíron directamente en DVD Wild Things 2 (2004), Wild Things: Diamonds in the Rough (2005) e Wild Things: Foursome (2010).
A película recibiu a cualificación R da MPAA por "sexualidade, nudez, linguaxe e violencia forte".[2]