Willemstad é a capital de Curaçao, unha illa no sur do mar Caribe que forma un país constituínte do Reino dos Países Baixos. Antigamente era a capital das Antillas Neerlandesas antes da súa disolución en 2010, ten unha poboación estimada de 150.000 habitantes. Willemstad é o fogar da sinagoga de Curaçao, a sinagoga máis antiga das Américas. O centro histórico da cidade componse de catro partes: Punda e Otrobanda, que están separadas pola Baía de Santa Ana, unha entrada que conduce ao gran porto natural chamado Schottegat, así como os barrios de Scharloo e Pietermaai Smal, que están un fronte ao outro no pequeno porto de Waaigat. O centro da cidade, coa súa singular arquitectura e a entrada do porto, foi declarada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.