Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1832 Londres, Reino Unido |
Morte | 4 de abril de 1919 (86 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Cemitério de Brompton (pt) |
41º Presidente da Royal Society | |
1913 – 1915 ← Archibald Geikie (pt) – Joseph John Thomson → | |
Datos persoais | |
Educación | Imperial College London |
Actividade | |
Campo de traballo | Química, física, Espectroscopia e espiritismo |
Ocupación | químico, sensitivo (pt) , físico, fotógrafo |
Período de actividade | (Con vida en: 1853 ) |
Empregador | Universidade de Chester (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Крукс Уильям) |
William Crookes, nado o 17 de xuño de 1832 e finado o 4 de abril de 1919, foi un químico inglés, un dos científicos máis importantes en Europa do século XIX, tanto no campo da física como no da química. En 1863 ingresou na Royal Society, e foi nomeado Sir en 1910.[1]
É coñecido por ser o inventor do tubo de raios catódicos, polo descubrimento do elemento talio, e por ser o primeiro en analizar o gas helio en laboratorio.
Tamén foi un dos máis importantes e destacados investigadores, e logo defensor, do que hoxe día se coñece como Espiritismo Científico.