Xene supresor de tumores

O ciclo celular. Moitos supresores de tumores funcionan regulando este ciclo en puntos de control específicos para impediren que as células danadas se repliquen.

Un xene supresor de tumores ou antioncoxene, é un xene que regula a célula durante a división celular.[1] Se a célula crecese incontrolablemente, orixinaría un cancro. Cando un xene supresor de tumores muta, isto causa unha perda ou redución da súa función. En combinación con outras mutacións xenéticas, isto podería permitir que a célula se replicase anormalmente. A perda de función destes xenes pode ser incluso máis significativa para o desenvolvemento de cancros humanos que a activación de oncoxenes.[2]

Os xenes supresores de tumores poden agruparse nas seguintes categorías: xenes conserxes (caretaker), xenes porteiros (gatekeeper) e, máis recentemente, xenes paisaxistas (landscaper). Os xenes conserxes aseguran a estabilidade do xenoma por medio da reparación do ADN e, en consecuencia, ao mutaren permiten a acumulación de mutacións.[3] Por outra parte, os xenes porteiros regulan directamente a proliferación celular ao inhibiren a progresión do ciclo celular ou inducir a apoptose.[3] Finalmente, os xenes paisaxistas regulan a proliferación ao contribuíren ao ambiente que rodea a célula, e cando mutan poden causar un ambiente que promove unha proliferación non regulada.[4] Os esquemas de clasificación están evolucionando a medida que se fan avances médicos en campos como a bioloxía molecular, xenética e epixenética.

  1. "Oncogenes and tumor suppressor genes | American Cancer Society". www.cancer.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2021. Consultado o 2019-09-26. 
  2. Weinberg, Robert A (2014). "The Biology of Cancer." Garland Science, page 231.
  3. 3,0 3,1 "Glossary of Cancer Genetics (side-frame)". www.cancerindex.org. Consultado o 2019-11-19. 
  4. "Cancer Genetics - CuboCube". www.cubocube.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2020. Consultado o 2019-11-19. 

Xene supresor de tumores

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne