Youth | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Youth |
Director | Paolo Sorrentino |
Produtor |
|
Guión | Paolo Sorrentino |
Intérpretes | |
Música | David Lang, Mark Kozelek |
Fotografía | Luca Bigazzi |
Montaxe | Cristiano Travaglioli |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Cannes: 20 de maio de 2015 |
Duración | 124 minutos[2] |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | €12 300 000 |
Recadación | $24 000 000[3] |
Na rede | |
http://www.pathefilms.com/film/youth | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Youth é un filme de 2015 de comedia e drama escrito e dirixido por Paolo Sorrentino. É o segundo filme do director en lingua inglesa, e está protagonizado por Michael Caine e Harvey Keitel, que interpretan a dous amigos que reflexionan sobre as súas vidas menstres están de vacacións nos Alpes suízos. É a historia da eterna loita entre a idade e a xuventude, o pasado e o futuro, a vida e a morte, o compromiso e a traizón. Entre as personaxes secundarias están Rachel Weisz, Paul Dano e Jane Fonda.
Estreouse no Festival de Cannes 2015, onde competiu pola Palma de Ouro e tivo unha boa acollida por parte da crítica. Nos Premios do Cinema Europeo, Youth gañou os premios ó mellor filme, mellor director para Sorrentino, e mellor actor para Caine. Recibiu un nomeamento ós Premios Oscar na categoría mellor canción orixinal, pola composición de David Lang "Simple Song #3". Nos Globos de Ouro, Lang tamén foi nomeado á mellor canción, xunto con Jane Fonda á mellor actriz secundaria.