Zafiro

Zafiro
O zafiro Logan azul de 423 quilates (85 g)
Fórmula químicaÓxido de aluminio, Al2O3
Claseminerais óxidos
Sistema cristalinoTrigonal
CorTipicamente azul, pero varía
BrilloVítreo
Dureza9,0
FracturaConcoide, en estelas

O zafiro[1] é unha pedra preciosa, que é unha variedade do mineral corindón, un óxido de aluminio (α-Al2O3). É tipicamente de cor azul, pero hai zafiros naturais amarelos, púrpuras, laranxas e verdes e de dúas ou máis cores. A única cor que os zafiros nunca teñen é a vermella, xa que o corindón vermello se denomina rubí.[2] O corindón rosa pode ser clasificado como zafiro ou rubí dependendo da localidade. Esta variedade de cores que pode mostrar débese á presenza de cantidades traza de elementos como o ferro, titanio, cromo, cobre ou magnesio.

Normalmente, os zafiros naturais tállanse e púlense para formar xemas para xoiaría. Tamén se poden crear sinteticamente en laboratorios para usos industriais ou decorativos en grandes bolas cristalinas (boules, lingotes monocristalinos). Debido á súa gran dureza, que chega a 9 na escala de Mohs (é o terceiro mineral máis duro despois do diamante, que ten dureza 10, e a moissanita con 9,5), os zafiros tamén se utilizan en aplicacións non ornamentais, como compoñentes na óptica infravermella; en fiestras de alta duración; cristais de reloxos de pulso e outros aparellos; e en obleas semicondutoras para electrónica moi finas, que se usan como substratos illantes para propósitos especiais na electrónica do estado sólido (especialmente en circuítos integrados e LEDs baseados no uso de nitruro de galio, GaN).

O zafiro é a pedra correspondente aos nacidos no mes de setembro e a xema dos 45ºs aniversarios. O xubileu de zafiro ocorre pasados 65 anos.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zafiro.
  2. "Sapphire". gia.edu. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  3. BBC News Queen's Sapphire Jubilee: Gun salutes mark 65 years on the throne 7 de febreiro de 2017

Zafiro

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne