Zaque

Mapa do territorio muisca á chegada dos españois (século XVI). Os dominios do Zaque en amarelo.

Zaque era o título de nobreza dado polos muiscas ós gobernantes da parte norte da Confederación muisca, no Altiplano Cundiboyacense, e a súa sede de goberno era a cidade de Hunza, hoxe Tunja. Cando Gonzalo Jiménez de Quesada chegou á rexión, Quemuenchatocha era o zaque reinante.

O Zaque era considerado descendente de Sué (o Sol), mentres que o Zipa (gobernante da parte sur), era considerado descendente da deusa Chía (a Lúa). O Zaque tiña autoridade absoluta sobre o goberno do Zacazgo.[1]

  1. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII

Zaque

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne