5-MeO-DMT (5-metoxi-N,N-dimetiltriptamina) é unha droga psicodélica da clase das triptaminas. Encóntrase nunha ampla variedade de especies de plantas e polo menos nunha especie de sapos, o Incilius alvarius do deserto de Sonora. Igual que os compostos relacionados DMT e bufotenina (5-HO-DMT), foi utilizada como enteóxeno en Suramérica desde hai séculos.[1]