Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Afrocolombiano

Afrocolombiano
Proporción de afrocolombianos en cada concello segundo o censo colombiano de 2005.

     72,7% - 100%      45,0% - 72,6%      20,4% - 44,9%      5,8% - 20,3%      0,0% - 5,7%

     Sen datos
Poboación
Poboación total:
4 944 400 (censo de 2018)[1][2]
9,34% da poboación de Colombia

   7 800 000 (estimación)
~15% da poboación de Colombia[3]
15%–26%[3][4][5] dos colombianos (fontes externas)
Rexións principais:
Valle del Cauca647 526
Chocó337 696
Bolívar, Colombia319 396
Antioquia312 112
Cauca245 362
Aspectos culturais
LinguaCastelán colombiano, crioulo palenquero e crioulo sanandresano
RelixiónCatolicismo (maioritario)
Grupos
relacionados
Afroamericano

Os afrocolombianos son un grupo étnico de colombianos que teñen ascendencia subsahariana de maneira predominante ou total.[6] Nos censos nacionais de Colombia, os afrocolombianos son recoñecidos dentro de tres grupos oficiais: os raizais, os palenqueros e outros afrocolombianos.

A achega das súas expresións na vida nacional é salientable. A cumbia, un dos ritmos nacionais, e o sancocho,[7] o prato típico máis estendido, non existirían sen a súa participación. O nome de Macondo, central na creación de Gabriel García Márquez, ten orixe africana. Entre as achegas que a UNESCO recoñece como Patrimonio Inmaterial da Humanidade[8] está a festa de San Pacho en Quibdó,[9] a música de marimba do sur do Pacífico e os cantos tradicionais ao longo do Pacífico,[10] o espazo cultural de Palenque de San Basilio[11] e o entroido de Barranquilla.[12]

A súa historia comeza coa escravitude de africanos traídos a Colombia polos españois e os británicos na primeira década do século XVI. Contra 1520, os africanos eran traídos de lugares como o Congo, Angola, o Camerún, Ghana, Liberia, Gambia, Costa do Marfil, Guinea-Bissau, Serra Leoa, o Senegal e Malí[13] para substituír a poboación indíxena que diminuía rapidamente. A súa poboación medrou exponencialmente coa trata transatlántica ou comercio triangular. O longo proceso de manumisión comezado en 1851 só beneficiou os seus escravizadores,[14] mais foi o comezo dun poboamento e repoboamento libre que hoxe chega a representar o 90% da poboación na costa do Pacífico colombiano.[15] Outras rexións do país teñen porcentaxes importantes, como os máis de 110 mil afrodescendentes en Bogotá (datos de 2013).[16]

Contra mediados do século XX a poboación negra atopábase na súa maioría nas dúas costas do país; nos departamentos do Pacífico (Cauca, Chocó, Nariño e Valle del Cauca) e nos da costa Caribe (Antioquia, Atlántico, Bolívar, Cesar, Córdoba, La Guajira, Magdalena, San Andrés e Sucre). Durante o último medio século, un importante sector da poboación negra instalouse nas principais cidades do país. Colombia é actualmente o país de fala hispana con maior poboación afrodescendente, e o cuarto de América despois do Brasil, os Estados Unidos e Haití.

  1. "Estadística de los grupos étnicos 2018". Censo General 2018. Departamento Administrativo Nacional de Estadística (DANE). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  2. Central Intelligence Agency (2016). "Colombia". The World Factbook. Langley, Virginia: Central Intelligence Agency. Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Informe 2018". Barometro. Consultado o October 3, 2022. 
  4. [Detector: la cifra de afros en Colombia de Francia Márquez es debatible https://www.lasillavacia.com/detector-de-mentiras/detector-la-cifra-de-afros-en-colombia-de-francia-marquez-es-debatible/]
  5. "Cátedra de Estudios Afrocolombianos". Ministry of National Education. 2001. Los afrodescendientes representan aproximadamente 26% de la población total del país, alrededor de 10 y medio millones de personas, es decir, la cuarta parte de los colombianos. 
  6. "Afro-Colombians". Minority Rights Group (en inglés). 19 de xuño de 2015. Consultado o 2021-09-08. 
  7. Cardona Tobón, Alfredo. Su majestad el sancocho. En: Historia y región, febreiro de 2011.
  8. Sector de Cultura da UNESCO. Elementos sobre as listas de patrimonio cultural inmaterial, (Colombia). París, 2012.
  9. [1]
  10. [2]
  11. [3]
  12. [4]
  13. Orixe dos AfroColombianos. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  14. Tovar, Jorge A. La Manumisión en Colombia: 1821 -1851. Un análisis cuantitativo. Bogotá: Universidad de los Andes, 2007.
  15. Biblioteca Virtual Luis Ángel Arango. Pacífico colombiano Copia arquivada en Wayback Machine. Bogotá, 2012.
  16. Diario El Tiempo. Bogotá negra (especial multimedia). Bogotá, 2 de outubro de 2013.

Previous Page Next Page