Apoxiomeno | |
---|---|
Artista | Lisipo |
Data | 330 a.C |
Técnica | talla |
Movemento | Arte grega,clásico tardío |
Dimensións | 205 cm × cm |
Localización | Museo Pío Clementino, Museos Vaticanos (Cidade do Vaticano) |
Apoxiomeno ("o que limpa"; en grego antigo ἀποξυόμενος/apoxuómenos; de ἀποξὐω/apoxúô, "raspar, riscar") foi unha obra en bronce do escultor grego Lisipo, datada no 330 a.C.[1][2], da época clásica da arte grega, e dentro desta, no período posclásico, cando se inicia a ruptura co "ideal de beleza clásico". A talla orixinal está perdida, mais coñecemos da súa existencia por mor da descrición de Plinio o Vello, na súa obra Naturalis Historia.[3] Na obra, Plinio indicaba que o xeneral Marco Vipsanio Agripa levara a obra orixinal en bronce a Roma e fora colocada nunhas termas. Como agradara ao emperador Tiberio, este colocouna no seu palacio mais polas críticas do pobo devolveuna para ser exposta ao público.[4]
Unha copia en mármore desta escultura descubriuse no barrio romano do Trastevere en 1849[5] e está conservada no museo Pío-Clementino, no Vaticano.