![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
CLIPS é unha ferramenta que prové un ambiente de desenvolvemento para a produción e execución de sistemas expertos. Foi creado a partir de 1984, no Lyndon B. Johnson Space Center da NASA. Os fondos cesaron a principios dos anos 1990, e houbo un mandato da NASA para comprar software comercial.
CLIPS é un acrónimo de C Language Integrated Production System (Sistema de Produción Integrado en Linguaxe C). Na actualidade, entre os paradigmas de programación que soporta CLIPS atópanse a Programación lóxica, a Programación imperativa e a Programación orientada a obxectos.
CLIPS probablemente é o sistema experto máis amplamente usado debido a que é rápido, eficiente e gratuíto. Aínda que agora é de dominio público, aínda é actualizado e mantido polo seu autor orixinal, Gary Riley.