Cuchavira | |
---|---|
Deus do arco da vella. | |
Membro da Relixión muisca | |
Representación de Cuchavira na casa museo de Luis Alberto Acuña. | |
Outros nomes | Cuchaviva |
Afiliación | Chibchacum (chuvia) Sué (Sol) |
Xénero | Masculino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense Colombia |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Iris |
Equivalente romano | Arcus |
Equivalente cristián | Noé |
Cuchavira ou Cuchaviva era o deus do arco da vella, protector das mulleres traballadoras e dos doentes segundo a relixión dos muiscas.[1] Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e vivían no fértil val que forma o Altiplano Cundiboyacense nos Andes. A choiva e o Sol foron moi importantes para a súa agricultura e daquela, a sabana de Bogotá tiña varios pantanos e os asulagamentos eran comúns.