EcoRV | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalina de EcoRV formando un complexo cun ADN bicatenario. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Endonuc-EcoRV | ||||||||
Pfam | PF09233 | ||||||||
InterPro | IPR015314 | ||||||||
SCOPe | 1sx5 / SUPFAM | ||||||||
|
EcoRV (lido "eco erre cinco"), tamén chamado Eco32I, é un encima da clase das endonucleases de restrición de tipo II que foi illada de certas cepas da bacteria Escherichia coli. Corta o ADN cando atopa unha determinada secuencia de nucleótidos que recoñece.
Este encima de restrición ten un uso frecuente en bioloxía molecular. Ten a característica que crea no ADN cortado extremos romos (outros encimas de restrición crean extremos cohesivos). O encima recoñece a secuencia de ADN palindrómica de 6 bases 5'-GAT|ATC-3' e fai un corte vertical nela. A secuencia complementaria é, pois, 3'-CTA|TAG-5'. Os extremos romos poden ser ligados a un sitio de clonación tamén romo doadamente, aínda que con menor eficiencia que os extremos cohesivos.