As glicosidases, tamén coñecidas como glicósido hidrolases ou glicosil-hidrolases son enzimas que catalizan a hidrólise de enlaces glicosídicos para xerar glícidos menores.
Son enzimas moi comúns que desempeñan importantes papeis na natureza como, por exemplo, na degradación de biomasa, como celulosa e hemicelulosa, na defensa contra as bacterias, en mecanismos de patoxénese e no normal funcionamento celular.
Canda ás glicotransferases, as glicosidadas forman a maior maquinaria catalítica para a síntese e a rotura de enlaces glicosídicos.