Klebsiella

K. pneumoniae vista con microscopio electrónico.

Klebsiella é un xénero de bacterias gramnegativas con forma de bacilo, inmóbiles, oxidase negativas, que presentan unha gran cápsula de composición basicamente polisacarídica.[1] Recibe o seu nome polo microbiólogo alemán Edwin Klebs (1834–1913). É un patóxeno humano frecuente, que pode orixinar unha ampla variedade de doenzas, principalmente pneumonía, infeccións do tracto urinario, septicemia, e infeccións de tecidos brandos.[2] Produce infeccións nosocomiais (hospitalarias) e algunhas cepas son moi resistentes aos antibióticos.[3]

As especies de Klebsiella son ubicuas na natureza.[4] Están presentes no tubo dixestivo e no aparato respiratorio de homes e animais como bacterias comensais. Son frecuentes nas feces e poden ser un indicador de contaminación fecal. Abundan no solo, e auga e son fixadores de nitróxeno.

  1. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. p. 370. ISBN 0-8385-8529-9. 
  2. Podschun R, Ullmann U (1998). "Klebsiella spp. as nosocomial pathogens: epidemiology, taxonomy, typing methods, and pathogenicity factors". Clin Microbiol Rev 11 (4): 589–603. PMC 88898. PMID 9767057. 
  3. CDC - Klebsiella
  4. Bagley S (1985). "Habitat association of Klebsiella species". Infect Control 6 (2): 52–8. PMID 3882590. 

Klebsiella

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne