Lai ou lai de bretaña é unha forma musical do norte da Europa, mais común na Francia e Alemaña entre os séculos XIII e XIV. Baséase na forma poética de mesmo nome, cuxas estrofas son desiguais. Consecuentemente, o lai estruturase en seccións que non se repiten. No fin do século XIV algúns lais repetían seccións, mais só en obras de grande extensión. A forma chegou ao seu apoxeo con Guillaume de Machaut, que deixou cerca de 20 exemplares, que están entre as súas pezas mais sofisticadas.
Conservamos os seguintes textos: