Laurusia (unha fusión das palabras Laurentia e Rusia e diferente da máis grande Laurasia), tamén chamada Euramérica ou Continente do arenito vermello antigo, foi un supercontinente menor creado no Devoniano como resultado da colisión e fusión entre os antigos continentes de Laurentia, Báltica e Avalonia durante o oroxenia caledoniana, hai uns 410 millóns de anos.
No Carbonífero tardío, as selvas tropicais estendíanse polo ecuador de Laurusia. Cando o clima se fixo máis árido ocorreu un importante e abrupto cambio na vexetación. O bosque fragmentouse e os licópsidos, que dominaban estas zonas húmidas foron diminuíndo e desaparecendo, e foron substituídos por fentos oportunistas. Houbo tamén unha perda de diversidade de anfibios e simultaneamente o clima máis seco estimulou a diversificación dos réptiles.[1]