Methanopyrus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Methanopyrus kandleri | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Methanopyrus' Kurr et al. 1992 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Methanopyrus é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas da familia Methanopyraceae.[1]
Methanopyrus é un xénero de metanóxenos, do que só se describiu unha especie, Methanopyrus kandleri. É un hipertermófilo, descuberto na parede dunha cheminea negra no Golfo de California a unha profundidade de 2.000 m, a temperaturas de 84–110 °C. A cepa 116 descubriuse no fluído dunha cheminea do campo hidrotermal Kairei; pode sobrevivir a 122 °C.[2] Vive nun ambiente rico en hidróxeno e dióxido de carbono, e, como outros metanóxenos, reduce este último a metano. Está situado dentro dos Euryarchaeota na súa propia clase, Methanopyri, e orde, Methanopyrales.