Un municipiu (municipio en romanés, do latín municipium) é un nivel administrativo romanés, máis ou menos equivalente a unha cidade. Este status élle dado a poboacións urbanas grandes. Non está claro o limiar de poboación que outorga esta nomenclatura, mais adóitase aplicar a poboacións maiores de 15.000 habitantes, que se atopan dentro dunha infraestrutura urbana. As localidades que non teñen estas características clasifícanse como pobos (oraşe), ou se non están dentro dunha área urbana, como comunas (comune). Os municipii están gobernados por un alcalde. Non hai subdivisións oficiais destes, aínda que poden ser debullados en cartiere. A excepción é Bucarest, que ten un status similar ao dun condado, e está oficialmente dividido en seis sectores.