Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Proba-3

Proba-3
Tipomisión espacial
Na rede
https://www.esa.int/proba3
editar datos en Wikidata ]

A Misión PROBA-3 da ESA é unha misión espacial que pretende probar a operación de satélites en formación, na procura de medios para operar no espazo misións que requiren de grandes dimensións, que non poden ser soportadas por unha única nave.[1] Prepara así misións multisatélites operando como unha única estrutura virtual.

Evolución de Modelos de Proba-3, amosando os dos satélites.
Evolución de Modelos de Proba-3, amosando os dos satélites.

Está formada por dous satélites, Coronagraph e Occulter, que manterán a formación cunha precisión duns poucos milímetros e segundos de arco a distancias de 144 m ou máis por máis de seis horas cada vez no apoxeo, o que farán de xeito autónomo, sen guía dende Terra.

O seu lanzamento está previsto para 2024. A súa órbita será moi elíptica, de 600 km x 60 530 km cunha inclinación duns 59 º .

Fará observacións científicas usando un coronógrafo solar xigante que bloqueará a luz cegadora do disco solar para ter vista continua da coroa solar.

  1. "Proba-3 Mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-06-20. 

Previous Page Next Page






Proba-3 Catalan Proba-3 German PROBA-3 English PROBA 3 Spanish PROBA-3 French פרובה 3 HE PROBA-3 Italian PROBA-3 Japanese PROBA-3 Dutch PROBA-3 Ukrainian

Responsive image

Responsive image