Espinosinas (spinosyns) | |
---|---|
Diagrama esquelético 2D da Spinosyn A
| |
Diagrama esquelético 2D da Spinosyn D
| |
Identificadores | |
Número CAS | 168316-95-8 (A), 131929-60-7 (D) |
PubChem | 183094 (A), 443059 (D) |
ChemSpider | 16736513 |
UNII | XPA88EAP6V |
ChEBI | CHEBI:9230 |
ChEMBL | CHEMBL1615373 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C41H65NO10 (A) C42H67NO10 (D) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O spinosad é un insecticida baseado en compostos químicos que se encontran na especie bacteriana Saccharopolyspora spinosa. O xénero Saccharopolyspora foi descuberto en 1985 en illamentos feitos da cana de azucre esmagada. As bacterias producen hifas aéreas de cor rosa amarelado, con cadeas de esporas como doas encerradas nunha vaíña característica.[1] Este xénero defínese como de actinomicetos aeróbicos, grampositivos, non ácido rápidos con micelio fragmentador do substrato. S. spinosa foi illado de terra recollida dentro dun destilador de ron dun muíño de azucre non operativo nas Illas Virxes. O spinosad é unha mestura de compostos químicos da familia da espinosina que ten unha estrutura xeneralizada consistente nun sistema de aneis tetracíclico unido a un aminoazucre (D-forosamina) e un azucre neutro (tri-Ο-metil-L-ramnosa).[2] O spinosad é relativamente non polar e non se disolve doadamente na auga.[3]
O spinosad é un insecticida cun novo modo de acción derivado dunha familia de produtos naturais obtidos por fermentación de S. spinosa. As espinosinas aparecen nunhas 20 formas naturais, e no laboratorio producíronse nunhas 200 formas sintéticas (espinosoides).[4] O spinosad contén unha mestura de dous espinosoides, espinosina A, o maior compoñente, e espinosina D (o compoñente menor), aproximadamente nunha proporción de 17:3.[1]