Turno foi un heroe itálico, fillo de Dauno, que reinaba sobre os rútulos á chegada de Eneas ao Lacio. Este sentiuse ofendido porque o rei Latino casou a súa filla con Eneas, que era a súa prometida, e planeou unha guerra contra Eneas e Latino. Na batalla, os rútulos saíron derrotados, pero os aborixes perderon ó seu rei. Turno, con sede de vinganza, foille pedir axuda o rei Mecencio, pero de novo o pobo dos rútulos foi derrotado. Turno e Mecencio resultaron mortos na batalla.