O verlan é unha forma de xerga do francés que consiste en inverter as sílabas dunha palabra, ás veces acompañado por unha elisión, un tipo de apócope a fin de evitar certas imposibilidades fonolóxicas.[1] De feito, o propio nome verlan provén da inversión da locución adverbial francesa à l'envers, que significa ao inverso.