Wallmapu, tamén chamado Wall Mapu, Wallontun Mapu[1] ou Woyontu Mapu (do mapuche: wall mapu ou waj mapu, e; wallontu mapu, wajontu mapu ou woyontu mapu; que quere dicir territorio circundante, conxunto de territorios circundantes ou universo, respectivamente) é o nome dado por algúns grupos e movementos indixenistas, ademais de sectores sociais e políticos, ao territorio que os mapuches habitan ou habitaron historicamente no Cono Sur de América do Sur: dende o río Limarí polo norte[2] até o arquipélago de Chiloé polo sur, na ribeira suroriental do océano Pacífico, e dende o centro e sur do interior da Provincia de Buenos Aires até a Patagonia, na ribeira suroccidental do océano Atlántico, abranguendo territorios soberanos da actuais Chile e a Arxentina.
A orixe do termo atópase disputado, por unha banda, por quen lle atribúe unha orixe moderna durante a expansión do indixenismo da década de 1990,[3][4] e por outro, por quen lle atribúe unha orixe ancestral oralmente transmitida ou kimun (do mapuche: kimün, kimvn, 'coñecemento' ou 'saber') do pobo mapuche[5] (na súa orixe faría referencia ao concepto de "Universo" na relixión mapuche e non unha entidade política).[1] Aínda que até a década dos 90 o seu uso concentrábase no movemento autonomista mapuche, a partir do estalido social de Chile do ano 2019 o seu recoñecemento aumentou entre a poboación xeral.[6]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Universo