Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Wallmapu

Mapa que mostra unha interpretación da presenza histórica dos mapuches entre os séculos XVI e XXI baseada en datos de Melin et al. (2015).

Wallmapu, tamén chamado Wall Mapu, Wallontun Mapu[1] ou Woyontu Mapu (do mapuche: wall mapu ou waj mapu, e; wallontu mapu, wajontu mapu ou woyontu mapu; que quere dicir territorio circundante, conxunto de territorios circundantes ou universo, respectivamente) é o nome dado por algúns grupos e movementos indixenistas, ademais de sectores sociais e políticos, ao territorio que os mapuches habitan ou habitaron historicamente no Cono Sur de América do Sur: dende o río Limarí polo norte[2] até o arquipélago de Chiloé polo sur, na ribeira suroriental do océano Pacífico, e dende o centro e sur do interior da Provincia de Buenos Aires até a Patagonia, na ribeira suroccidental do océano Atlántico, abranguendo territorios soberanos da actuais Chile e a Arxentina.

A orixe do termo atópase disputado, por unha banda, por quen lle atribúe unha orixe moderna durante a expansión do indixenismo da década de 1990,[3][4] e por outro, por quen lle atribúe unha orixe ancestral oralmente transmitida ou kimun (do mapuche: kimün, kimvn, 'coñecemento' ou 'saber') do pobo mapuche[5] (na súa orixe faría referencia ao concepto de "Universo" na relixión mapuche e non unha entidade política).[1] Aínda que até a década dos 90 o seu uso concentrábase no movemento autonomista mapuche, a partir do estalido social de Chile do ano 2019 o seu recoñecemento aumentou entre a poboación xeral.[6]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Universo
  2. "Procesos territoriales en el mapunche wajontu mapu: prehistoria y resistencia anticolonial (siglo XVI – XVIII)". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 17 de abril de 2015. 
  3. Meza, Cristian (6 de xullo de 2022). "Uso del término “Wallmapu” volvió a tomarse la comisión de acusación constitucional en contra de Izkia Siches". El Dinamo. 
  4. ""Wallmapu": Historiador chileno afirma que término "no proviene de la cultura ancestral mapuche"". T13. 31 de marzo de 2022. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  5. Anónimo (2022-04-06). "Declaración Departamento de Historia sobre el término Wallmapu". Departamento de Historia (en castelán). Consultado o 2023-01-28. 
  6. Habert, Guillermo Pacheco; Torres-Alruiz, María Daniela; Vargas, Rodrigo Cuevas (2020). "Emergencias simbólicas en la Plaza Dignidad del “18-O” chileno. Representaciones socioespaciales y re-significaciones del “Negro Matapacos” y la bandera Wenüfoye". Revista Intervención (en castelán) 10 (2): 67–89. ISSN 2452-4751. doi:10.53689/int.v10i2.100. Consultado o 2023-01-28. 

Previous Page Next Page






Wallmapu Catalan واڵامپو CKB Wallmapu English Wallmapu Spanish Wallmapu EU Wallmapu Portuguese Wallmapu QU

Responsive image

Responsive image