Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Wilusa

Wilusa ou Wiluša foi un reino da rexión da Tróade, en Anatolia, a miúdo confederado con Arzawa (que era unha rexión formada polo menos por cinco reinos ás veces confederados e outras non: Arzawa propia, Mira, Hapalla, Río Seha, e Wilusa). Foi a homérica Ilios ou Ilión, probabelmente na rexión da Tróade, pero sen incluír Troia, que debía de ser un estado separado (Troia en hitita = Taruisa ou Taruiša).

Arzawa foi sometida temporalmente polo rei hitita Hattusilis I na segunda metade do século –XVII, pero non tardou en recuperar a independencia. Pero Wilusa, tamén sometida seguramente ao mesmo tempo, permaneceu aliada aos hititas como se testemuña polos agasallos enviados periodicamente desde Wilusa ao rei hitita. O gobernante en tempo de Suppiluliumas I era Kukkuni, identificado como o grego Kyknos, rei de Colonas na Tróade e heroe da guerra de Troia, fillo de Poseidón, que, segundo a lenda, foi morto por Aquiles, co que se mantiveron boas relacións.

Wilusa estivo casualmente aliada a Arzawa nos últimos momentos deste reino. Ao cabo da guerra, extinguido o reino de Arzawa, o rei hitita Mursilis II fixo un tratado co gobernante de Wilusa chamado Alaksandu (Alexandre) que fora adoptado como sucesor por Kukkuni, e restableceuse a amizade entre os dous estados.

A guerra civil entre Mursilis III e Hattusilis III produciu de feito a independencia de Wilusa, pero, ao final do reinado de Hattusilis III, xa volvía a ser aliada do reino hitita.


Previous Page Next Page






Vilusa AZ Wilusa Catalan Wiluša German Βιλούσα Greek Wilusa English Wilusa Spanish Wilusa French Vilusza Hungarian Wilusa ID Wilusa Italian

Responsive image

Responsive image