Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Zopheridae

Zopheridae
Rango fósil: Cenomaniano-Recente

Zopherus nodulosus (Zopherinae)

Aprostoma planifrons (Colydiinae)
Aprostoma planifrons (Colydiinae)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Zopheridae
Solier, 1834
Subfamilias

Colydiinae
Latometinae (ás veces en Zopheridae)
Monommatinae (ás veces en Zopheridae)
Pycnomerinae (ás veces en Zopheridae)
Usechinae (ás veces en Zopheridae)
Zopherinae

Aulonium ruficorne (Colydiinae)

Zopheridae (zoféridos) é unha familia de escaravellos que creceu considerablemente nos últimos anos pola incorporación de membros doutras familias; estas familias anteriores eran os Monommatidae e os Colydiidae, que agora están incluídos en Zopheridae como subfamilias ou (no último caso) incluso como tribo da subfamilia Zopherinae. Algúns autores aceptan ata seis subfamilias dentro do grupo, mentres que outros inclúen todas menos Colydiinae dentro de Zopherinae.

A familia ten aproximadamente 190 xéneros e 1700 especies, que se encontran por todo o mundo. Un gran número de membros da familia aliméntanse de madeira podre ou de fungos asociados coa madeira podre, aínda que algúns membros de Colydiinae son predadores ou aliméntanse de tecidos vexetais de raíces, talos, pedúnculos de flores e froitas.[1]

Os fósiles máis antigos son Paleoendeitoma (subfamilia Colydiinae, tribo Synchitini) e Cretomysteria que datan de inicios do Cretáceo tardío (Cenomaniano) en ámbar birmano de Myanmar.[2]

  1. Ślipinśki, Adam and Lawrence, John F.. "11.9. Zopheridae Solier, 1834". Volume 2 Morphology and Systematics (Elateroidea, Bostrichiformia, Cucujiformia partim), edited by Willy Kükenthal, Richard A.B. Leschen, Rolf G. Beutel and John F. Lawrence, Berlin, New York: De Gruyter, 2011, pp. 548-559
  2. Deng, Congshuang; Ślipiński, Adam; Ren, Dong; Pang, Hong (October 2017). "The first Mesozoic colydiid beetles (Coleoptera: Zopheridae: Colydiinae) from the Upper Cretaceous amber of Myanmar". Cretaceous Research (en inglés) 78: 71–77. doi:10.1016/j.cretres.2017.04.010. 

Previous Page Next Page






أقتميات Arabic Zopheridae CEB Zopheridae Czech Zopheridae English Zopheridae Spanish Zopheridae EU Zopheridae French Héjbogárfélék Hungarian Zopheridae LT Somberkevers Dutch

Responsive image

Responsive image