Alcume | The Big Peach, ATL e Hotlanta ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Western and Atlantic Railroad ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Xeorxia | ||||
Condado | Condado de Fulton ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 498.715 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 215.179 (2020) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Atlanta-Sandy Springs-Roswell metropolitan area (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 347,996293 km² ![]() | ||||
Auga | 0,6394 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Altitude | 225 m ![]() | ||||
Creación | 29 de decembro de 1845 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Atlanta, Georgia (en) ![]() ![]() | Andre Dickens (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Atlanta City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30060, 30301–30322, 30324–30334, 30336–30350 e 30353 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 404, 678 e 770 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | atlantaga.gov ![]() | ||||
![]() |
Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes. Como na maior parte do Cinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre 2000 e 2008. Este foi o maior crecemento de calquera área estadounidense por detrás do Dallas-Fort Worth Metroplex.[1] Cun ingreso bruto de 270.000 millóns de dólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.[2]
Considerada como unha cidade de negocios e centro de transporte,[3][4] Atlanta é a sede mundial de The Coca-Cola Company, AT&T Mobility e Delta Air Lines. Ademais, a cidade ten a terceira maior concentración de empresas da Fortune 500 e máis do 75% das compañías de Fortune 1000 teñen a súa sede nesta área metropolitana.[5][6] O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, situado a once quilómetros ao sur do centro de Atlanta, é o aeroporto máis transitado do mundo e o único que cobre os servizos da cidade.[7][8]
Atlanta é, tamén, a sede do condado de Fulton e a quinta situación da sede do goberno do estado de Xeorxia. Unha pequena parte dos límites da cidade de Atlanta limitan co condado de DeKalb.