Cistina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 56-89-3 |
PubChem | 67678 |
ChemSpider | 575 |
UNII | 48TCX9A1VT |
KEGG | C01420 |
ChEBI | CHEBI:35492 |
ChEMBL | CHEMBL366563 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H12N2O4S2 |
Masa molar | 240,30 g mol−1 |
Perigosidade | |
MSDS | MSDS externo |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A cistina[1] é un aminoácido dímero formado pola oxidación e unión de dous residuos do aminoácido cisteína por medio dun enlace disulfuro covalente. Este composto organosulfurado ten a fórmula (SCH2CH(NH2)CO2H)2 [2]. É un sólido branco, que funde a 247–249 °C. Foi descuberto en 1810 por William Hyde Wollaston pero non foi recoñecido como un derivado das proteínas ata que foi illado do corno da vaca en 1899.[3] A cisteína, orixinando cistina por medio da formación de enlaces ou pontes disulfuro nunha cadea proteica ou entre dúas cadeas proteicas, determina de forma significativa a estrutura terciaria da maioría das proteínas. A formación de pontes disulfuro, xunto coa formación de pontes de hidróxeno e interaccións hidrófobas é parcialmente responsable da formación da matriz de glute do pan. O pelo humano contén aproximadamente un 5% de cistina na súa masa.[4]