Hominini Rango fósil: de 5,4 a 0 Ma | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio de Sahelanthropus tchadensis, descrito por algúns autores como o membro máis antigo da liña hominina,[1] pero isto é debatido por outros[2] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Homo sapiens Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Subtribo | |||||||||||||||||||||||
Os Hominini (homininos) son unha tribo taxonómica da subfamilia Homininae. Comprende tres subtribos: Hominina, co único xénero Homo; Australopithecina, que comprende varios xéneros extintos; e Panina, co único xénero Pan, os chimpancés (ver a árbore evolutiva máis abaixo).[3][4] Os membros do clado humano, é dicir, os Hominini, inclúen Homo, e as especies de australopitecinos que se orixinaron despois da separación dos chimpancés (compárense tamén os termos "homínidos" e homininos). Non todos os homininos están directamente relacionados co xurdimento dos primeiros Homo.[5]
A subtribo Hominina é a rama "humana"; é dicir, contén o xénero Homo exclusivamente. Os investigadores propuxeron o taxon Hominini baseándose en que as especies menos similares dunha tricotomía deberían estar separadas das outras dúas. O chimpancé común e o bonobo do xénero Pan son os parentes vivos evolutivamente máis próximos aos humanos, que comparten co home un antepasado común que viviu hai enre catro e sete millóns de anos.[6] Investigacións feitas por Mary-Claire King en 1973 encontraron un 99% de identidade no ADN entre os humanos e os chimpancés;[7] posteriores investigacións modificaron esta cifra ata o 94%, e algunhas das diferenzas aparecían no ADN non codificante.[8]
Sahelanthropus é o máis antigo e máis primitivo dos membros do clado dos homínido, preto da diverxencia entre os homínidos e os chimpancés.
Sahelanthropus tchadensis é unha enigmática nova especie do Mioceno, cuxas características son unha mestura da dos simios e do Homo erectus e que foi proclamado o por Brunet et al. como o homínido máis antigo. Porén, nós cremos que as características da dentición, face e base cranial que se di que definen ligazóns únicas entre este espécime Toumaï e o clado homínido son ou non idagnósticos ou son consecuencias de adaptacións biomecánicas. Para representar un clado válido, os homínidos deben compartir característricas definitorias únicas, e Sahelanthropus non parece que fose un bípede obrigado.